As Pontes, 16 de maio| Aprende a crear os teus propios documentos co curso gratuito de “procesadores de texto” que se levará a cabo na Aula CeMIT de As Pontes dende o día 23 de maio. Nun horario de 10:00 a 12:00h.
Contidos:
•Crear un documento
•Estrutura e propiedades dun documento
•Formato de texto e formato de parágrafo
•Estilos e formato
•Imaxes, debuxos e fórmulas
•Táboas
Cabeceiras, pés de páxinas e seccións
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.