As Pontes, 6 de xullo de 2020. O Concello das Pontes inicia o período de consulta, de 15 días hábiles,  con carácter previo á elaboración do regulamento regulador do funcionamento da piscina municipal do concello das Pontes

Asi mesmo, o Concello das Pontes inicia o perído de consulta, de 15 dias hábiles, con carácter previo á elaboración da ordenanza reguladora da ocupación temporal do solo público para facilitar a accesibilidade  universal das persoas con mobilidade reducida nos edificios do concello das Pontes.

Durante este período a cidadanía, organismos e asociacións, que consideren que resultan afectados pola futura norma, poden facer chegar as súas alegacións, achegas ou suxestións –indicando sempre o seu nome e apelidos ou denominación social, mediante correo electrónico dirixido a: [email protected], verbo dos seguintes aspectos:
a) Problemas que se pretenden solucionar coa antedita norma.
b) Necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Obxectivo da norma.
d) Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Máis información: VER