O pleno do Concello das Pontes aprobou inicialmente o inventario de bens e camiños en sesión de data 08/01/2020. O prazo para presentar alegacións será de 20 días hábiles, que se computarán a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio de información pública no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O dito anuncio publicouse no BOP número 16, do 24/01/2020 polo tanto o prazo para presentar alegacións rematará o vindeiro día 21/02/2020.

As personas interesadas en consultar o inventario municipal de bens e camiños poden facelo no Departamento de Obras (Rúa Castelao, nº 36) ou a través da plataforma do inventario, á que se pode acceder a través da ligazón http://inventariomunicipal.dicoruna.es/Invent/aspontes coas seguintes claves de usuario e contrasinal.

    • Usuario: consulta
    • Contrasinal: consulta2019

A consulta da ubicación dos viarios pode realizarse na seguinte ligazón http://extranet.summa-eng.com/Invent/aspontes/PrincipalMenu.aspx coas seguintes claves de usuario e contrasinal.

    • Usuario: consulta
    • Contrasinal: consulta2019

Pode consultar os resumos por tipo de ben na seguinte ligazón: https://sites.google.com/olivomedia.com/concello-das-pontes/consulta-publica#h.p_eR58kTgZdQpf


– Na seguinte ligazón pode acceder ao visor cartográfico do inventario de camiños: http://extranet.summa-eng.com/CaminosAsPontes/