As Pontes, 22 de xaneiro de 2020. O martes 25 de febreiro, celébrase no noso concello a tradicional cabalgata de Entroido. Para regular a participación nesta cabalgata se elaboran as seguintes bases reguladoras.
1.- Participantes
Poderán participar todas as persoas que así o desexen e teñan a ben cumprir a normativa que aquí se expón.
2.- Categorías:
- Adultos: Carrozas, grupos, parellas e individual.
- Carrozas: enténdense por carroza, unha estrutura de grandes dimensións sobre rodas, ben sexa autopropulsada ou remolcada, confeccionada para tal efecto e convenientemente deseñada e decorada.
- Distinguiranse dous tipos de grupos por número de participantes.
- Grupos de 3 a 9 compoñentes.
- Grupos de 10 ou máis compoñentes.
- En ambos casos o 75% dos integrantes dos grupos deberá ser maior de 16 anos.
- Parellas e individual. Deberán ser maiores de 16 anos.
- Infantil: grupos, parellas, individual e meniños (na categoría meniños poderanse inscribir os rapaces e rapazas ata 8 anos); no resto das categorías a concurso de infantil a idade máxima será de 16 anos.
3.- Inscricións
As solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello das Pontes ou a través da sede electrónica (https://sede.aspontes.com) en impreso normalizado para este fin. Este impreso estará tamén dispoñible no departamento de cultura (Casa Dopeso, rúa Rosalía de Castro, 1º andar).
O prazo de inscrición abrirase o día da publicación das bases na web municipal e rematará o luns 24 de febreiro de 2020 ás 12:00 horas.
4.- Premios:
ADULTOS | CARROZAS | GRUPOS≥10* | GRUPOS (3-9) | PARELLAS | INDIVIDUAL |
1º | 700 € | 500 € | 350 € | 175 € | 125 € |
2º | 550 € | 400 € | 250 € | 150 € | 100 € |
3º | 300 € | 200 € | 150 € | 100€ | 75 € |
4º | 200 € | 100 € | 100 € | 75 € | 50 € |
Os premiados daranse a coñecer unha vez rematado o desfile no Pavillóns Polideportivo Municipal.
INFANTIL | GRUPOS | PARELLAS | INDIVIDUAL | MENIÑOS (ata 8 anos) |
7 premios | 150 € | 75 € | 50 € | Un conto |
Aos premiados nas categorías infantís entregáraselles un vale canxeable por libros, material e xogos educativos e didácticos.
5.- Valoración
Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos como a orixinalidade, vestiario, maquillaxe, calidade musical, capacidade de representación, coreografía… así como o desenfado e interpretación do disfrace que representan; nos grupos terase en conta ademais o número de compoñentes.
6.- Xurado
Estará formado por persoas designadas pola concellería de cultura, e un representante do Concello de As Pontes, con voz pero sen voto.
Máis información