As Pontes, 17 de novembro| En aras de mellorar esa accesibilidade nos espazos públicos, na Praza onde se concentran ademais de celebracións relixiosas, as festas patronais ou a do queixo entre outras citas, ven de garantirse a accesibilidade coa instalación dunhas rampas.

Ata o de agora tan só se podía acceder á praza, que está a un nivel inferior que a rúa de acceso, por unhas escaleiras. Agora poderanse empregar as rampas tanto no acceso central, como paralelo á Igrexa.

Asi mesmo, os operarios municipais recuperaron o lousado do chan que estaba levantado polo emprego de vehículos pesados puntualmente.

E, noutra orde de cousas, podemos tamén apuntar que a seguinte actuación na zona será a construción dun parque infantl. O primeiro paso, xa moi avantado é o de facerse coa propiedade do terreo coñecido como da casa do cura. Serán 2.000 metros cadrados que se destinarán a ese parque infantil.

E xa no casco urbán, temos que apuntar que mañá comezará o aglomerado en torno á nova rotonda que se está a instalar no Brixeo, no acceso ós Institutos.

Comezarase pola estrada en dirección ascendente, partidno de diante do lavadoiro, e a semana que ven retomarase en dirección de baixada, xa nas rúas Campeiras, Brixeo, e Avda de Ortigueira.

Estas obras suporán unha regulación do tráfico que se tentará que afecte na menor medida posible ós usuarios.