As Pontes, 17 de novembro| As obras no Brixeo, que nestes días supuxeron unha regulación do tráfico para acometer o aglomerado, van retomarse a vindeira semana, pero xa sen afectación para a circulación.

Hoxe quedaba aberto ó tránsito de vehículos neste treito, agás no que vai desembocar na propia rotonda, onde se sinalizou a súa ubicación, pero non comezaron os labores.

O resto da zona na que se acondicionou o asfalto cun novo aglomerado, queda xa aberto ó tráfico e volverase pechar logo de que sente para acometer os traballos de pintado na vía

Este proxecto,ademais do mantemento que supón, busca tamén unha mellora da seguridade vial nunha estrada moi transitada e con circulación regular de veículos de transporte escolar e mozos e mozas que acuden ós centros educativos nesa zona.

A semana que ven, dende o Departamento de Obras municipal, fixouse o treito que vai dende a rotonda ata a Praza do Carme, para aglomerar, o que suporá actuar en toda a Avda de as Campeiras e boa parte da Avda de Ortigueira.

O orzamento destinado polo Concello para a intervención que suporá a cosntrución dunha glorieta en fronte ó lavadoiro, chega ós 51.390 €, e a empresa local Canosa será a encargada de facela unha vez rematen estes traballos de aglomerado.

Con ella gañarase en fluidez, e con isto en seguridade na zona.