RTVEume| A dirección da Escola Infantil Barosa celebrará mañá xoves, 30 de maio, unha charla informativa dirixida a pais, nais e titores tanto de escolares do centro como de futuros alumnos e alumnas.

O tema central que se abordará nesta convocatoria será a nutrición infantil. De feito, o principal obxectivo desta actividade é informar a pais, nais e titores de alumnos e futuros alumnos sobre o servizo de comedor co que conta o centro, os alimentos que alí se ofrecen e os diferentes cambios e melloras que se realizaron a nivel de funcionamento e de atención aos menores.

Así as cousas, durante este acto explicaranse os motivos dos cambios e os requisitos do novo funcionamento tanto para os usuarios habituais do servizo como para futuros usuarios.

A encargada de ofrecer esta charla será a nutricionista e licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos Ana Isabel Fernández Escuredo, que falará tamén de cómo ensinar aos pequenos a comer de todo, das súas necesidades nutricionais, da actualización de protocolos e leis e das alerxias e intolerancias.

Por suposto, tamén haberá tempo para as preguntas e dúbidas dos presentes.