RTVEume| Cita importante co baloncesto esta fin de semana. O nobel Clube baloncesto As Pontes está a disputar xa unha fase de ascenso á Liga Galega co seu equipo emblema, os cadetes, que contan cun plantel que xa o ano pasado daba mostras de ter un prometedor futuro, e este ano dominou claramente a liga no seu grupo.

Agora toca xogarse o ascenso nun grupo con catro equipos, no que este domingo ás 12:00h xogan o primeiro partido na casa contra un dos favoritos, o Ribadeo. Alex, capitán do equipo, confía nas súas posibilidades.

O maior handicap dos nosos está na idade, con xogadores cadetes de primeiro ano e mesmo infantís, que deberán enfrontarse a equipos que lles sacan tres anos e moitos centímetros. Con todo, xa a pasada semana demostraban que poden competir con calquera cando estiveron moi perto de traerse unha victoria de A Coruña onde caeron co Compañía de A Coruña por só 3 puntos. O adestrador, Féllix Bañobre, cre que os rapaces teñen que disfrutar dunha fase que para eles é un premio.

A cita co primeiro partido na casa desta fase de ascenso, é o domingo, no pavillón municipal, a partir das 12:15h., e dende o Clube fíxose un chamamento á afección para arroupar ós rapaces.