CIM As Pontes| O 31 de marzo no salón de actos da Casa Dopeso, ás 20:00 horas, terá lugar a Charla-Coloquio “TODO SOBRE NÓS, PERO SEN NÓS” sobre o Trastorno Bipolar.
O obxectivo da mesma é desestigmatizar e informar sobre este trastorno en concreto e sobre a saúde mental en xeral.
Respecto do contido a charla versará sobre:
– Experiencia dunha muller diagnostiocada desde hai 20 anos.
– O tratamento da enfermidade mental ao longo da historia.
– Orixes do Trastorno Bipolar.
– Fases, sintomatoloxía, tratamento, terapias.
– Como funciona a sanidade e institucións respecto das enfermidades.
– Recursos.
A charla será impartida por Cristina Prieto Ledo.