As Pontes, 26 de outubro de 2020. O Concello das Pontes, ante as retricións ás agrupacións de persoas establecidas pola Consellería de Sanidade para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible, decide cancelar o inicio das escolas muncipais culturais.

O concelleiro de Cultura, Vicente Roca sinala que “as medidas establecidas pola Xunta de Galicia limitan os grupos para o desenvolvemento de actividades culturais a un máximo de 5 persoas, incluíndo o monitor. O gran volume de persoas matriculadas nas escolas municipais de cultura obrigaría a duplicar as horas de docencia, a falta de dispoñibilidade horaria do profesorado e de espazos municipais para levalas a cabo, fan inviable poder poñer en marcha as escolas”

Desde o Concello das Pontes pídense desculpas ás persoas usuarias polas molestias que esta decisión poida ocasionar, esperando poder iniciar a actividades das escolas municipais de cultura unha vez mellore a situación sanitaria.