As Pontes, 21 de xullo| AXUDAS DO CONCELLO PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR 2017
Con data 21 de xullo de 2017, publicouse nos taboleiros do Concello e do 2º andar da Casa Dr. Dopeso o listado provisional das axudas de material escolar do ano 2017.
Os/As interesados/as teñen un prazo de dez días hábiles, dende o 24 de xullo ata o 7 de agosto (incluído) para presentar alegacións a esta lista provisional.
Ante calquera dúbida poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais, no 2º andar da Casa Dr. Dopeso ou chamar ao 667129335.