As Pontes, 18 de setembro de 2023. O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos/as da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 18 ao 29 de setembro de 2023.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias empadroadas no Concello de As Pontes con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio Profesional de Música que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro.

Requisitos económicos: Todos os membros computables da unidade familiar non supere os 21.500 €, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 1000,00 euros a partires do terceiro fillo/a. (Para o cálculo e determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2021; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro).

Para mais información para a recollida de impresos, poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso). Teléfonos información: 981441008, 667129336 ou 667129335.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal do Concello, con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380, ou a través da sede electrónica.