As Pontes, 11 de xullo de 2018. As Pontes vai render homenaxe á memoria de Antón Ferreiro, presidente, durante 24 anos, da Irmandade de Lesneven e recoñecido cronista da vida deportiva de As Pontes.
Con tal motivo, o Concello ten programado para o venres, 20 de xullo, ás 18.00 horas un acto institucional, no parque de Lesneven, en recoñecemento ó traballo de Antón Ferreiro en prol do irmandamento entre As Pontes e a vila bretona así como en favor da promoción do deporte e a cultura de As Pontes.
Neste acto farase lectura un texto de Celso Emilio Ferreiro tras a que se procederá a descubrir unha placa conmemorativa e, un grupo de gaiteiros porán a nota musical para renderlle homenaxe a Ferreiro.
O acto, programado polo goberno loca,l contará coa presenza de familiares e amigos de
Ferreiro e, desde o Concello de As Pontes invítase a todos os veciños a sumarse a esta
homenaxe. Despois, ás 20:30 horas, diante da casa do Concello, farase a lectura do pregón
que dará inicio ás festas patronais da vila.