O pasado venres a Primeira Tenente Alcalde e Concelleira-Delegada da Área de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, Montserrat García Chavarría, recibía no salón de plenos do Concello á expedición do #FerrolTerraBlogTrip, formada por 6 blogueiros de recoñecido prestixio a nivel nacional.
Tratábase dunha viaxe de promoción do xeodestino FerrolTerra, centrada na difusión de iniciativas de Turismo Industrial como “As Pontes Experiencia Industrial”. Despois da recepción oficial, os participantes acudiron ás instalacións de Xaraleira, onde disfrutaron dunha visita guiada por Jose Vilaboy, xerente da empresa. A continuación realizaron unha ruta polos principais recursos de patrimonio industrial das Pontes, como a Central Térmica de Endesa, a maquinaria de explotación mineira, o Lago e o Poboado das Veigas.
Durante a viaxe, os blogueiros foron compartindo distintas publicacións nas súas redes sociais, seguidas por preto de 200.000 persoas en total, e cunha audencia nos seus blogs de 500.000 visitas mensuais.
Os participantes do #FerrolTerraBlogTrip foron:
JAVIER MAZORRA – OCHO LEGUAS (BLOG DA EDICIÓN DIXITAL DO DIARIO EL MUNDO)
MAIA LUTILSKY – EL PRÓXIMO VIAJE
SABELA MONTERO – VIAJANDO, IMÁGENES Y SENSACIONES
www.viajandoimagenesysensaciones.com
FRENCHY – GALICIA MOLA
PÍO GARCÍA – GALICIA ENTEIRA
MARUXAINA BÓVEDA – MARUXAINA Y SU MOCHILA