As Pontes, 13 decembro de 2019.  A concelleira de Igualdade, Tania Pardo, a concelleria de Turismo, Elena López, e a concelleira de Medios Locais, Lorena Tenreiro participaron na XIII edición da xornada contra a violencia de xénero promovida polo concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Ares.

Unha xornada na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa violencia de xénero e na que, a través de diferentes perspectivas profesionais -policial, xurídica, terapéutica ou social, as concelleiras poideron achegarse a cuestións como a prevención e a intervención policial nos casos de violencia de xénero, entre a poboación adolescente ou a importancia de que as vitimas de violencia de xénero aprendan a tecer unha nova vida, especialmente nos casos de violencia sexual, no que non estén presentes conceptos como a culpa ou a vergoña.

Durante esta xornada tamén poideron coñecer, máis polo miudo, os programas e recursos existentes no territorio galego, no ámbito da atención psicolóxica para os fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia machista, así como algúns aspectos legais sobre a tipificación do delito de acoso e a agravante de discriminación por razón de xénero.

A xornada concluíu coa intervención dunha muller superviviente á violencia de xénero, autora dun libro no que  relata, en primeira persoa, o seu caso como medio de superación e terapia.