As Pontes, 9 de outubro de 2023. O Concello das Pontes aprobou, no mes de setembro, a mellora da pavimentación e servizos na Rúa Sol, un proxecto cun orzarmento de 222.449,80 €, con cargo á Deputación da Coruña.
Un proxecto que ten como obxectivo crear unha plataforma única totalmente accesíbel con calzada e beirarrúas á mesma cota, definindo un só sentido de circulación con espazo para aparcamento na marxe dereita en sentido da marcha, así, as zonas de circulación diferéncianse mediante o emprego de distintos pavimentos, seleccionándose as baldosas de formigón prefabricado para as bandas laterais destinadas ao tránsito de peóns e as lastras de formigón na calzada central destinadas ao tráfico rodado de vehículos.
No tocante aos servizos, á rede de saneamento executarase segundo un modelo de tipo separativo pluviais – residuais, instalando unha novas redes dispoñendo todos os predios de acometidas á nova rede, coa súa correspondente arqueta. Igualmente instalarase unha nova rede de alumeado con tendido soterrado e farois con luminarias LED, incluíndo a substitución da canalización existente e a disposición de farois en columna de 5 metros de altura.
Equiparase o ámbito con mobiliario urbano mediante a colocación de bancos e papeleiras. As escavas existentes arredor das árbores das beirarrúas encheranse con pavimento drenante realizado con resinas e áridos. As obras rematarán coa instalación da sinalización viaria determinada polas normas de seguridad viarl, normas de seguridade vial, dispoñendo a sinalización vertical e horizontal en accesos así como pasos de peóns.