As Pontes, 5 de outubro de 2023. A concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e a directora do CIM,  participaron hoxe na xornada inaugural dunha nova edición do obradoiro de memoria, unha iniciativa posta en marcha no ano 2011 polo Concello das Pontes en colaboración coa Asociación de Viúvas das Pontes.

Durante nove meses, 29 mulleres, con idades comprendidas entre os 45 e 85 anos, participaran neste taller que ten como obxectivos esenciais axudar ás alumnas a exercitar a mente, mellorar as súas capacidades de atención, concentración e aprendizaxe.

Asemade, esta iniciativa buscaba promover o envellecemento activo e a participación das alumnas na vida comunitaria, mellorando a súa calidade de vida.