As Pontes, 8  de xullo de 2019.  Unha delegación pontesa, encabezada por Valentín González Formoso, acadou esta mañá o apoio da Xunta de Galicia na procura de medidas que permitan levar a cabo unha transición enerxética xusta e a reactivación da actividade na central térmica do municipio.
González Formoso, acompañado polos concelleiros Ana Pena e Antonio Alonso, a deputada no Congreso, Montserrat García, o presidente do comité de empresa, Luis Varela e o presidente a asociación de transportistas do carbón, Manuel Bouza, reuniuse coa concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para expoñerlle a situación á que se enfronta a térmica pontesa e buscar medidas que a curto prazo permitan abordar a parálise que sufre.
Neste sentido, Ana Pena, concelleira de Industria e Emprego, subliñou que “é preciso que se tomen as medidas oportunas para rematar coa especulación que se está a facer co prezo das emisións”.
Os membros do goberno local e a deputada nacional trasladaranse, mañá, ata Madrid para participar nunha marcha do colectivo dos transportistas que se desplazará desde Lugo ata diante do Ministerio de Transición Ecolóxica e na que participarán os 150 camións que hoxe iniciaban unha marcha polas principais cidades galegas.