As Pontes, 13 de xullo de 2020. O Concello das Pontes destinará 453.900 euros ás subvencións dirixidas ás entidades deportivas do municipio durante o ano 2020.

A través destas achegas, o Concello das Pontes quer dar apoio ás entidades deportivas e contribuír a que consigan os obxectivos que lles son propios así como fomentar a participación da cidadanía, impulsando a democratización da sociedade.

As entidades solicitantes poderán cubrir os gastos que xere o desenvolvemento das actividades das entidades deportivas solicitantes ou a súa participación nas diferentes competicións, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o 14 de xullo e remata o 28 de xullo (ambos días incluídos).

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 106, con data 13 de xullo de 2020,  na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes

BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS