oznorCO

As Pontes, 9 de marzo de 2021. O Concello e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros das Pontes, COHEMPO, co obxectivo de dar a coñecer a oferta gastronómica do municipio veñen de poñer en marcha a páxina web “Pestica nas Pontes”

Elena López, responsable da área de Hostalería, sinala que “este portal gastronómico nace debido ás restricións derivadas da evolución da Covid19 e ten como finalidade facilitar o acceso a toda a veciñanza á oferta culinaria dos establecementos hostaleiros do municipio, aglutinándoa nun único espazo e presentándoa dunha forma sinxela e atractiva. Por outra banda da oportunidade aos establecementos de chegar a un público máis amplo, visibilizando as súas cartas e servizos”.

No portal www.petiscanaspontes.com á veciñanza poderá atopar as ofertas culinarias de 17 establecementos, organizados en dúas categorías, establecementos que contan cun servizo de entrega a domicilio e recollida no local e establecementos que só ofrecen o servizo de recollida no propio local.

Ademais das cartas de pratos, a web recolle outro tipo de información de utilidade como números de teléfono, localizacións ou cartas de alérxenos así como datos de interese sobre os diferentes restaurantes, bares e cafeterías (especialidades, horarios de recollida) acompañada de fotografías dos seus pratos e menús.

Montse Gastelu Fernández, presidenta de COHEMPO, apunta “esta plataforma nace co propósito de converterse nunha ferramenta permanente, aberta a todos os establecementos que queiran adherirse. Desde a súa posta en marcha xa son varios os locais que se sumaron e moitos veciños e veciñas que gozaron da gastronomía pontesa accedendo a este portal. Desde Cohempo, nestes momentos tan complexos para o sector, queremos dar ás garzas a veciñanza pola súa fidelidade, non deixando de apostar pola hostalaría local”