As Pontes, 9 de marzo de 2021. O Concello das Pontes abre mañá, 10 de marzo, o prazo para presentar as solicitudes para proceso selectivo, a través do sistema concurso-oposición, para a creación dunha lista de espera complementaria de persoal de limpeza (2021)

As persoas aspirantes deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos: ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, ter cumpridos os 16 anos de idade, non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función, non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

A fase de concurso non será eliminatoria. As puntuacións obtidas en ámbalas fases sumaranse para a determinación  dos aspirantes elixidos. As puntuacións de referencia refírense a servizos a tempo completo. Nos servizos a tempo parcial a puntuación será proporcional á xornada especificada.Puntuaránse únicamente os servizos prestados por conta allea, co correspondente contrato de traballo ou relación funcionarial e alta no sistema de Seguridade Social. Soamente serán valorados aqueles aspirantes que teñan superado a fase de oposición.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 08:30 a 14.00 horas, desde o 10 ao 16 de marzo, ambos incluídos, así como a través da sede electrónica municipal.

Máis información no BOP  núm 45, do 9 de marzo de 2021 e na seguinte ligazón