O Concello de As Pontes concentrouse, esta mañá, para gardar  un minuto de silencio en sinal de dor e loito polo falecemento dunha veciña de Vilalba, a pasada fin de semana.

Os membros do equipo de goberno, Antonio Alonso, Tania Pardo, Elena López, Pancho Franco, Lorena Tenreiro, Antonio Castro, Vicente Roca e Maite Méndez, xunto cos concelleiros do Partido Popular e Xuntas en Común, Javier Acosta e Xosé Manuel Ribeira, respectivamente, xunto con traballadores muncipais, amosaron a súa repulsa ante a violencia de xénero que xa se cobrou, no que vai de ano, a vida de 34 mulleres, segundo datos da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.