As Pontes, 10 de maio de 2018. O Concello de As Pontes celebra, esta sábado, a quinta
edición da súa fashion night. Unha cita na que participarán preto de 50 establecementos
comerciais e hostaleiros do municipio. Este ano, oito establecementos súmanse á iniciativa por primeira vez, sendo na súa maioría negocios de emprendedores ponteses.

A quinta edición de “Móvete x As Pontes”, que nesta ocasión xira entorno ó cabaret e os anos 20, arrincará cunha pasarela de moda, no patio do Colexio Santa María, a partir das 19:00 horas, á que os establecementos participantes subirán os seus produtos e servizos.

A actriz, Eva Iglesias, colaboradora en Land Rober, será a encargada de presentar o desfile.

A gran festa do comercio e a hostalaría de As Pontes, trasladarase, a partir das 21:30 horas, os locais dos establecementos participantes que permanecerán abertos ata as 00:00 horas, e agasallarán ós clientes con ofertas e descontos especias, promocións, degustacións, actuacións musicais e outras sorpresas.

Este ano, como novidade, a mascota do comercio local de As Pontes visitará todos os
establecementos participantes e repartirá “rasca e gaña” entre os veciños e visitantes con
premios económicos, por un valor total de 400 euros, que os gañadores poderán gastar, ese mesmo día, nos negocios adheridos a esta iniciativa da concellería de Comercio, Turismo, Hostalería, Comercio e Emprego. Asemade tamén a mascota do comercio repartirá dípticos para recordar e promocionar todas as vantaxes de mercar no pequeno comercio de proximidade.

Ana Pena, responsable da área, remarca que “esta iniciativa do Concello de As Pontes ten como obxectivo incentivar e dinamizar un sector estratéxico na economía local, no que traballan máis de 200 persoas, aumentar a súa visibilidade e atractivo así como animar a todos os veciños a que saian as rúas, a que aposten polo comercio de proximidade para lograr un sector forte e competitivo que contribúa a crear pobo”.