As Pontes, 12 de maio de 2023. O Concello das Pontes abre o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña, una proposta dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, ambas idades incluídas.

Os participantes neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as poderán gozar dunha ampla variedade de actividades deportivas e saídas culturais ou etnográficas.

As persoas interesadas en optar a unha praza deberán presentar a súa solicitude no departamento de Deportes do Concello das Pontes (Casa Consistorial, 1º andar) ata o 7 de xuño, incluído. Cada participante aboará unha cota  de inscrición de 85 euros unha vez confirmada a adxudicación da praza.

Máis información: DESCARGAR