As Pontes, 10 de novembro de 2020. As obras de mellora da Rúa Concepción Arenal, un proxecto cun orzamento de 23.020 euros, financiados a través de fondos propios, entran esta semana na súa recta final á espera de que se dean as condicións climatolóxicas precisas para proceder á aplicación de produtos antiescorregantes na beirarúa.

Esta actuación ten como obxectivo mellorar a pavimentación e a accesibilidade do viario, impulsando a mobilidade na zona para aumentar a calidade de vida da veciñanza.

Entre os traballos realizados destacan a renovación da capa de rodadura do vial mediante a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico, o levantamento da cota dos sumidorios así como a reparación dos bordos e a reposición da sinalización horizontal no viario.

Ademáis procedeuse á renovacion da beirarrúa mediante aportación de morteiro estrutural para subsanar os problemas de gretas e fochancas, traballos que rematarán coa aplicación de dúas capas de revestimento a base de resinas antiescorregadizas.