As Pontes, 22 de outubro de 2022. O Concello das Pontes, ante as últimas medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade e tras valorar as mesmas, decide de mutuo acordo, coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (COHEMPO)  aprazar a campaña de dinamización comercial e da hostalería, “Outonía. Petisca e merca preto de ti” prevista para a última fin de semana de outubro.

Elena López, responsable da área, apunta “esta campaña é unha oportunidade para o sector polo que decidimos adiala, con vistas a poder realizala máis adiante, cando a condicións sanitarias sexan favorables e así esta iniciativa poida ter o retorno que tod@s esperamos”