As Pontes, 19 de agosto de 2020. O Concello das Pontes abre maña, 20 de agosto, o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades veciñais para o ano 2020.
A través destas subvencións o goberno local quer dar apoio ás actividades levadas a cabo por estas entidades e fomentar a participación da cidadanía, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.
As achegas están destinadas as entidades veciñais, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.
O goberno local destinará 30.000 euros a estás achegas coas que se cubrirán os gastos derivados das actividades que desenvolvan as entidades veciñais así como os gastos en infraestruturas e material
Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade veciñal mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria.