As Pontes, 23 xuño de 2022. O Concello das Pontes informa de que o vindeiro luns, 27 de xuño, abre o prazo de inscrición para participar no programa de Turismo do Imserso.  Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionistas de xubilación do sistema da seguridade social española.

  • Ser pensionistas de viudedade do sistema da seguridade social española, cunha idade igual o superior a 55 anos.

  • Ser pensionista por outros conceptos do sistema da Seguridade Social española ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos.

  • Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.

Considérase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.

En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

A participación no programa inclúe:

  • Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.

  • Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.

  • Póliza de seguros colectiva.

  • Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.

  • Programa de animación socio-cultural

Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación socio-cultural.

O prazo para inscribirse remata o martes, 19 de xullo de 2022, e haberá un único o período de presentación de novas solicitudes de participación no programa de turismo para a tempada 2022-2023.

Para máis información: Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de 8:30 a 14:00 hora ou www.imserso.es