As Pontes, 23 de xuño de 2022.  O domingo, 26 de xuño,  terá lugar unha nova edición do Northwest Triman nas Pontes, o único tríatlon de longa distancia de Galicia.


Por ese motivo levaranse a cabo as seguintes modificacións na circulación:

Prohibición de circular e estacionar dende as 7:00 ata as 19:00 horas nas seguintes rúas:
         Avenida de Lugo Avenida de Galicia

         Rego do Muiño Avenida das Veigas

         Rúa da Casilla Praza do Hospital

        Xosé María Penabad López Paseo da Constitución

Tamén estarán pechadas ao tráfico os tramos das estradas seguintes:
       A nova variante da AC-801 dende o Gadis ata a Glorieta da Areosa (agás para os     vehículos que  accedan a gasolineira).

     AC-101, dende a Glorieta da Casilla ata o cruce do Brixeo, (Pk nº 2)

     AC-105, Glorieta da Casilla ata a entrada de ENDESA (Pk nº 0)

     AC-861 dende o cruce do antigo Tanatorio (Pk nº 26 ) ata Santaballa (Pk nº 6)

     AC-861 dende o acceso de Endesa ata a glorieta da Autovía AG-64 (Pk nº 29)

    DP 7004 dende o final da Avenida da Habana, ata o cruce de Vilarnovo.

Os usuarios que desexen entrar ou saír da vila cara Ferrol, Lugo ou A Coruña, deberán facelo pola Avenida da Habana, Rúa Monfero, Rúa Cruz Das Airas, Presa de Alende, Rúa da Balsa e acceso a Autovía AG-64.

Os veciños da zona de Ribadeume, deberán acceder ao centro urbano pola glorieta da autovía AG-64

Desde o Concello e a organización da proba pídense desculpas polas molestias que poda xenerar estas modificacións do tráfico.