As Pontes, 24 xuño de 2024. O Concello das Pontes informa de que desde o 1 ao 22 xullo de 2024, abrirá un novo prazo de presentación de novas solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2025.
Este programa está dirixido a persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
-
Ser pensionistas de xubilación do sistema da seguridade social española.
-
Ser pensionistas de viudedade do sistema da seguridade social española, cunha idade igual o superior a 55 anos.
-
Ser pensionista por outros conceptos do sistema da Seguridade Social española ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos.
-
Ser titular ou beneficiario do sistema da seguridade social, con 65 anos cumpridos.
Considérase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión.
En todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
A participación no programa inclúe:
-
Viaxe de ida e volta no medio de transporte programado, dende a capital de provincia ao hotel de destino e regreso, excepto na modalidade de viaxes sen transporte.
-
Aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contemplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
-
Póliza de seguros colectiva.
-
Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio Hotel.
-
Programa de animación socio-cultural
Nos turnos de Turismo de Natureza e Circuítos Culturais, dadas as súas especiais características, non se inclúe nin o servizo médico, nin o programa de animación socio-cultural.
Para máis información: www.imserso.es ou nos Servizos Sociais do Concello (2º andar da Casa Dr. Dopeso) en horario de mañá (mellor con cita previa, chamando aos teléfonos 981441008)