As Pontes, 23 de xaneiro de 2020. Xa está aberto o prazo para solicitar a prestación prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, nados no ano 2017, para o ano 2020.
Poden solicitar esta achega as persoas que teñan fillas e fillos, menores de tres anos, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, ambos días incluidos, e que, durante o ano 2018 ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario.
Tamén se poden beneficiar desta prestación persoas con fillas e fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
Para solicitar esta axuda é preciso que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia e que, na data da solicitude, os os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
As solicitudes poden presentarse, ata o 9 de marzo de 2020 nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou a través do rexistro municipal do Concello das Pontes.
Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200120/AnuncioG0425-191219-0002_gl.html ou no departamento de Benestar Social (Rúa Rosalía de Castro, 28. 2º andar)