As Pontes, 24 de abril de 2018. A educación viaria é unha das prioridades do goberno local para facer de As Pontes un pobo máis seguro. Por este motivo, o Concello, a través da Concellería de Servizos, Seguridade e Medio Rural está impartindo clases de educación viaria en todas as asociacións de veciños do municipio.

O obxectivo que persegue o goberno local con esta acción formativa é ofrecer ós asistentes pautas básicas sobre como transitar pola vía pública de xeito seguro, amosarlles os factores que interveñen nun accidente e sensibilizalos sobre a necesidade de facerse visibles para evitar atropelos.

Os contidos, que están sendo impartidos por membros da Policía Local, están encamiñados a mellorar ás condicións da seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables de todos cantos interveñen na circulación: os peóns.

“Desde o Concello de As Pontes, apostamos pola seguridade e pola prevención de riscos, queremos que os nosos veciños adquiran hábitos de comportamento correctos na contorna viaria e sexan conscientes da importancia que ten respectar as normas de circulación para, entre todos, crear un pobo máis seguro, habitable e libre de atropelos” remarca Antonio Castro, responsable da concellería promotora da actividade

As charlas comezaron o pasado mes de marzo e nelas xa participaron as asociación de vecinos de Ribadeume, Saa, Espiñaredo, Goente e Pontoibo, entre outras. A próxima cita será o sábado, 27 de abril, no Centro Social da Terceria Idade e na Asociación de Veciños do Fondo da Vila.

O finalizar a charla farase entrega de chalecos e manguiños reflectores ós asistentes para que os empreguen cando camiñen polas estradas e vías do municipio, facéndose visibles para todos os usuarios dos viarios e, deste xeito, evitar accidentes.