O grupo de goberno considera fundamental o trato directo cos veciños, por iso, e despois da reunión xeral cos representantes de todas as entidades veciñales, ábrese a visita de Montserrat García Chavarría, Concelleira de Atención, Participación Cidadá e Desenvolvemento Local, de forma persoal a cada unha de elas, para tomar nota de forma directa de cada veciño, dos principais problemas que acontecen en cada parroquia.

O pasado xoves reuniuse no Aparral cos veciños da zoa. O venres 16 de outubro estará cos veciños de Espiñaredo no local da asociación dende as 11h da mañá e así evitar o seu desprazamento ata o Concello.

O venres 23 reuniráse en O Freixo, tamén no local da asociación, cos veciños interesados en acudir á cita.