As Pontes, 10 de outubro| O Concello das Pontes abrirá o luns da vindeira semana o prazo de pagamento voluntario das taxas de lixo , auga e canon da Xunta de Galicia correspondentes ao terceiro trimestre de 2017.

No tocante ao primeiro destes pagamentos, deberán cumprir co mesmo un total de 5.559 usuarios deste servizo o que suporá unha taxa total de 103.008 euros, namentras que o número de liquidacions por rede de sumidoiros e subministro de auga é de 10.667, o que supón uns ingresos de case de 160.000 euros dos que 52.000 corresponden ao canon da auga imposto dende o goberno autonómico.

Estes dous recibos pódense aboar, nas oficinas de Viaqua ubicadas na rúa Vicente Risco, en horario de 9.00 a 11.00 da mañá de luns a venres ata o 18 de decembro, ou ben domicilialas en calquera das entidades bancarias da localidade no mesmo prazo de tempo, xa que unha vez se esgote o período de pagamento voluntario, a débeda esixirase polo procedemento de prema e devengaranse os correspondentes recargos do período executivo, os xuros de demora, e no seu caso, as costas que se produzan.