As Pontes, 14 de decembro|O Concello de As Pontes e o Club Atletismo Olympo, organizan o vindeiro 31 de decembro de 2016 a VI San Silvestre de As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo.

Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a benvida ao 2017, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.

Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A saída e chegada farase na rúa Alexandre Bóveda (diante do colexio público Santa María), comezando polas categorías menores. Haberá categoría biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e categoría absoluta.

Podes inscribirte nesta sexta edición da San Silvestre pontesa de forma gratuíta en www.carreirasgalegas.com e OPTICALIA CALLAO As Pontes ata o xoves 29 de decembro ás 23:59.

A saída realizarase na rúa Alexandre Bóveda (colexio público Santa María), ás 17:00h, os atletas deberán estar na zona de saída un pouco antes da súa carreira.

Podes consultar aquí o regulamento completo da VI San Silvestre pontesa 2016: VER REGULAMENTO