As Pontes, 27 de novembro| O Concello pechará hoxe, luns 27 de novembro, o prazo de pagamento voluntario do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana, rústica e bices, é dicir, a contribución; correspondente ao exercizo de 2017.

Así, todos aqueles veciños que deban facer fronte a esta taxa deberán achegarse ata as oficinas administrativas da avenida de Castelao, á entidade Abanca ou domiciliar o correspondente pagamento, sendo preciso cumprir con este trámite denantes do mediodía do luns 27 de novembro.

O Concello emitiu un total de 13.266 liquidacións polo que ingresará máis de 7,5 millóns de euros.

Como é habitual, no caso de non cumprir con esta taxa no período de pagamento voluntario, a débeda esixirase polo procedemento de prema e devengaranse os correspondentes recargos do período executivo, os xuros de demora, e no seu caso, as costas que se produzan.