Torneo 3×3 BASKET & MUSIC 2017

127

As Pontes, 22 de xuño| Xa está aquí outra edición do noso xa clásico 3×3 Basket & Music. Este ano cambiamos a cancha á pista do Colexio Santa María, en pleno centro da nosa vila e con todo o ambiente das Festas Patronais. A competición masculina e feminina será no mesmo día, sábado 15 de xullo. Esperámosvos. Abaixo atoparedes as bases de competición e instrucións para a inscrición. Calquera dúbida: [email protected].