Test driving este venres no circuito pontés

371

As Pontes, 14 de febreiro| O novo circuito de velocidade de As Pontes vai acoller este venres un test driving con Citroén C3 Aircross.

Escollíase As Pontes para o desenvolvemento destes exercizos de freada de emerxencia, slalom asimétrico e cambios e reincorporacións de carril, nun entorno axeitado e seguro a un tempo, coa nova instalación que abriu recentemente o Concello pontés.

Haberá tamén, en terra, un circuito de handling, e pasos de crestas, zanxas e pontes.

En todo caso,  contarase con monitores especializados, cun equipo que van comandar os irmáns Sergio e Diego Vallejo, vixentes campións de España de rallies de asfalto e todoterreo.

A xornada ofrecerá 40 voantes entre as 10:00h e 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

No deseño a ubicación dos diferentes exercizos observaranse os máximos parámetros de seguridade cunha velocidade predefinida e reducida, que permite experimentar sen risco todas as situacións creadas.

A nova dispoñibilidade deste circuíto ten espertado xa o interese de iniciativas deste tipo, que se van suceder na nova instalación para darlle tamén un uso promocional, e de uso formativo en seguridade.