As Pontes, 11 de xullo| Bases reguladoras de subvencións dirixidas ás entidades culturais para o ano 2016

FINALIDADE E OBXECTO.

O Concello das Pontes de García Rodríguez quere pola presente convocatoria dar apoio ás entidades culturais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

– As subvencións ás entidades culturais irán destinadas a actividades culturais e infraestruturas e equipamento. Os gastos en infraestruturas e equipamento só serán subvencionables ata un máximo dun 25% da subvención concedida.

Destinaranse 100.000,00 € ás subvencións para actividades culturais con cargo á aplicación orzamentaria 2016.0.334.48900 e 8.625,00 € para infraestrutura e equipamento con cargo á aplicación orzamentaria 2016.0.334.78000.

PRAZO

O prazo para solicitar remata o 20 de xullo.

DOCUMENTACIÓN

  • Ver o anuncio no BOP: VER
  • Bases reguladoras de subvencións dirixidas ás entidades culturais para o ano 2016: DESCARGAR

  • Impreso solicitude subvencións culturais 2016: DESCARGAR