RTVEume| O programa de ocio xuvenil Zona Zero regresaba o pasado sábado á súa actividade tras varios meses de descanso e facíao da man dunha interesante actividade dirixida a que os máis novos cultivasen a súa afección polo mundo da cociña.

Foi mediante un concurso de cociña, ao máis puro estilo Masterchef, onde un grupo de rapaces e rapazas de entre 11 e 14 anos puideron dar renda solta á súa creatividade culinaria e demostrar do que son capaces nos fogóns.

Unha decea de participantes se sumaron a esta primeira xornada de Zona Zero na que elaboraron un saboroso zume de froitas e un postre de chocolate con plátano e amorodos, nun escenario xa máis que acostumado a albergar este programa como foi a boleira do Lar de Endesa.

Zona Zero regresará á axenda dos xoves ponteses o vindeiro sábado, 16 de maio, en horario de 16.30 a 18.30h, con novos xogos e actividades e, unha vez máis, co respaldo do Concello de As Pontes, a Asociación Abeiro e a propia Xunta de Galicia.