As Pontes, 25 de Maio do 2017

As Pontes converteuse esta mañá no quilómetro cero da primeira volta a España en vehículo eléctrico, unha iniciativa impulsada por Endesa e o Concello en colaboración con varias marcas automobilísticas. Un traballador da planta, Francisco Javier Paz, é o encargado de conducir o coche na primeira etapa, que culmina na cidade de Lugo, aínda que o circuíto desenvolverase ao longo de 2.000 quilómetros e de 19 provincias españolas, tanto da Península como das Illas.

O alcalde das Pontes, Valentín González, valorou positivamente que Endesa elixise a vila como punto de partida para a volta e admitiu a necesidade de que as administracións aúnen esforzos para promocionar o uso destes vehículos e reducir as emisións no transporte.

Miguel Temboury explicou que a estratexia de Endesa para cumprir o acordo de París susténtase en tres eixos: o comercial, outorgando facilidades para a compra deste tipo de coches e tamén para recárgalas; o interno, que levou a que 274 empregados comprasen un coche eléctrico, e tamén en materia de investigación e desenvolvemento.

Máis info no enlace: DESCARGAR