Obradoiro de postais de nadal pensado para toda a familia

140

As Pontes, 14 de decembro|O venres, 22 de decembro de 16:00 a 19:00 h levarase a cabo na ECOescola das Campeiras un obradoiro de postais de nadal pensado para toda a familia. A partires de materiais que [email protected] temos na casa, deseñaremos as nosas propias postais para dar aos nosos familiares e amigos. Usaremos cartulinas, revistas, palliñas, palillos, pedazos de papel de regalo, cachiños de lazos, botóns soltos, algodón, purpurina e calquera outra cousa que teñades na casa e que poidades reciclar. O resto do material será posto a disposición dos asistentes. Daranos tempo a realizar varias postais coa axuda das mamás e os papás. Podedes apuntarvos por teléfono no 673 240 434 ou mandando un correo a [email protected]