As Pontes, 27 de setembro de 2019.  O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, ante o comunicado remitido hoxe por Endesa á Comisión Nacional do Mercado de Valores amosa a súa gran preocupación xa que “aínda que o comunicado non sinala a data de peche para a central térmica si fala de desmantelamentos futuros”

Por este motivo, desde o Concello das Pontes se esixe, de forma inmediata, unha resposta clara, tanto de Endesa como do Ministerio de Transición Ecolóxica sobre cal vai ser o escenario a curto prazo e esiximos o compromiso da Administración e a empresa co colectivo máis vulnerable nesta situación, que son os traballadores e traballadoras vencellados ao complexo eléctrico.

Por outra banda, o rexedor apunta que desde o Concello “continuaremos traballando con toda a sociedade pontesa para reclamar medidas de compromiso co emprego do complexo eléctrico”