Descenso histórico do paro en As Pontes para pechar o ano 2017

310

As Pontes, 3 de xaneiro| A cifra de demandantes de emprego no municipio quedou co peche deste ano en 491 persoas, un dato que nos retrotrae ata o 2.003 para atopar unha estatística semellante,e aínda así por iba, cos 498 parados rexistrados hai xa catorce anos.

Por quinto ano consecutivo descende a cifra de parados no concello, mesmo mellorando as cifras xa históricas de peche do 2,016 que foran de 633 parados

Este dato demostra a tendencia á baixa que se estivo a rexistrar en materia de desemprego no Concello de As Pontes durante este ano en que fóra de circunstancias estacionais, foi reducindo as cifras mensualmente.

A tenente de alcalde, Montserrat García cualificaba estes datos como ” Alentadores, son datos moi esperanzadores que nos reafirman no empeño seguir a poñer en marcha medidas encamiñadas á creación de emprego. Son tempos difíciles, pero estes datos amosan que estamos no bo camiño.

Non podemos celebrar nada máis que o traballo ben feito nas escasas competencias que temos permitidas nesta materia, e isto debe ser un motivo máis para continuar a contribuir dentro das noas posibilidades, a manter este descenso.

A nosa aposta é firme por seguir fomentando políticas que permitan contribuir á tendencia á baixa do desemprego, con formación para os parados, e manter o apoio dende a Área de Orientación Laboral, así como contribuir ó fomento do autoemprego. As análises do mercado laboral reedítanse sen pausa para ofertar sempre cursos acordes á demanda real”.

Dende o Concello pontés mantense o compromiso de aumentar as intermediacións laborais, e manter o contacto directo en estreita colaboura co tecido empresarial local, así como incidir no asesoramento, e formación para os veciños que aínda se atopan en situación de desemprego.

Como referente industrial que é a vila pontesa acusou especialmente a crise neste sector, pero os datos apuntan a que o mantemento e potenciación das accións derivadas da Administración local destinadas á atracción de empresas e o mantemento das existentes, traen consigo datos alentadores.