O Concello reclama a mellora sobre a estrada LU-861 na saída da vila cara a Vilalba

384

As Pontes, 22 de decembro| O Concello de As Pontes ven de reclamar unha vez máis unha actuación de mellora sobre a estrada LU-861 na saída da vila cara a Vilalba.

Logo do amaño na coñecida como rotonda dos patos é preciso intervir sobre esta vía, que vai ser aínda máis empregada co cambio viario que vai supoñer o novo acceso á localidade motivado polas obras que está a acometer Endesa.

Este mesmo mediodía, a Tenente de alcalde, Montserrat García, aproveitaba a visita da

Conselleira de Infraestructuras e vivenda Ethel Vázquez, para reiterarlle esta demanda.

” Coa construción da rotonda dos patos temos un acceso máis fluído á vila que non se corresponde co estado da estrada nesa zona.

Son moitos os vehículos que entran ó casco urbán por este treito entre a C-641 e a LU-861, ou que por aí acceden cara á Cruz das Cabezas, e tan só se lle fixo un pequeño traballo de rebacheo.

Precísase unha intervención que mellore o firme e actuar sobre o asfalto porque as previsións son dun incremento do tráfico. En pouco tempo teremos o novo acceso logo da adecuación na central e queremos contar cunha estrada en condicións óptimas.

De aí que sigamos transmitindo esta demanda á Xunta por que é unha vía de titularidade autonómica”.

Ethel Váquez estivo hoxe en As Pontes para visitar o Centro de conservación e explotación de Goente.

A tenente de alcalde Montserrat García exercía de anfitriona nun breve paso polas instalacións desta base na que se garda a maquinaria e os fundentes, asi como a sinalización precisa para garantir a correcta circulación nas estradas da zona.

O centro pontés é un dos 26 que temos en toda a Comunidade, e conta con dúas máquinas quitaneves e unha esparexadora de sal e salmuera.

A Conselleira salientaba hoxe, na visita á nosa vila, que xa está en marcha o Plan de viabilidade invernal, que se extenderá ata abril.

Montserrat García salientou tamén a importancia de contar con este servizo en As Pontes, un dos dous que hai na zona norde da provincia, e que serve para dar servizo a unha zona cunha climatoloxía adversa e dende un emprazamento estratéxico entre comarcas, para poder aplicar as medidas paliativas diante das xeadas e nevadas.