O Concello de As Pontes oferta un curso de merchandising de produtos frescos para impulsar as vendas no mercado municipal

42

As Pontes, 11 de setembro|

  • A concelleira Ana Pena subliñou que espazos coma as prazas de abastos ofrecen un produto fresco, de gran calidade, cunha atención única que é preciso potenciar

As Pontes, 11 de Setembro de 2017.-

O Concello de As Pontes, mediante a Concellería de Hostalería e Comercio e o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) ofrecerá, a finais deste mes, unha nova actividade formativa dirixida ao sector do comercio de productos frescos.

Trátase dun curso de merchandasing dirixido a que os comerciantes locais de produtos frescos aprendan a sacarlle o maior partido aos seus postos e mercadorías para, deste xeito, incrementar a súas vendas, rendabilidade e fidelizar nova clientela.

En verbas da edil de comercio do Concello de As Pontes, a iniciativa busca facer dos postos de produtos frescos todo un atractivo e nicho de negocio, potenciando instalacións coma o mercado municipal onde, a día de hoxe, se conta con case unha decea de negocios de peixe, verduras ou carne fresca de gran calidade. E é que, a xuízo de Ana Pena, as prazas de abastos coma a situada nas Pontes son todo un referente de produto de calidade, próximo e, por riba, cunha atención ao cliente personalizada e moi diferente á que se presta, por exemplo, nas grandes superficies comerciais.

A concelleira tamén deu conta da importancia de apostar por iniciativas coma a que vai desenvolver o seu departamento para adaptar as técnicas de venda dos comerciantes locais ás novas esixencias da súa clientela. De ahí a aposta por un curso no que os participantes poderán aprender a sacarlle o máximo partido aos seus puntos de venda, ao seu produto e ás canles de publicidade das que poden facer uso, como é o seu propio escaparate.

En verbas da edil, ao longo deste obradoiro, o que se buscará será aportar nocións útiles e técnicas de promoción e venda que permitan aos comerciantes identificar os puntos fortes do seu negocio e traballar nos aspectos menos atractivos; crear un escaparate que seduza ao cliente e aprender técnicas de venda e de exposición do produto, que redunden na mellora da rendabilidade do negocio e no incremento das súas vendas.

Este curso, que conta co respaldo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, desenvolverase os días 25, 26 e 27 de setembro, en horario de 20.30 a 22.30 horas nas dependencias da Casa Dopeso e será totalmente gratuíto.

Inscripcións

Na xornada de hoxe luns, o IPPEC abrirá o prazo de inscrición para este obradoiro, sendo necesario achegarse ata estas oficinas en horario de mañá (08.00 a 14.30 horas) ata o vindeiro 21 de setembro.