COMPARTIMOS PLAN na comarca do Eume

70

As Pontes, 2 de xullo| A Deputación de A Coruña achega a As Pontes o foro de diagnose de Compartimos Plan na comarca do Eume; un proxecto que ten como finalidade realizar un estudo de diagnose das políticas de igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia, e un plan de acción dirixido a establecer liñas estratéxicas de actuación a nivel provincial.

Será o venres 6 de xullo, ás 09:00 horas, na Casa Dopeso (Aula Polivalente, 2º andar), na Rúa Rosalía de Castro, 28.

Todo aquel que desexe participar neste foro e aportar o seu punto de vista debe confirmar a súa asistencia a través desta ligazón, https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdHADqJJSpZnCAcg-RRDG3L9ScghbE_wsk5xpTg8eDa_tMUag/formResponse ou na web www.compartimosplan.com