As Pontes, 30 de novembro| O vindeiro mércores, día 13 pecharase a primeira edición das charlas biosaudables, que organizou o Concello.

Anque a intención é retomalas en breve, á vista da boa acollida que tiveron, a primeira programación péchase coa especialista en endocrinoloxía no CHUF de Ferrol Laura Cotobad Bellas.

A Doutora, moi vencellada, ademais á nosa localidade, falará de diabete, unha patoloxía crónica que se caracteriza por unha hiperglucemia debida a un defecto na secreción ou na acción da insulina.

Laura Cotobad ten anunciado xa que a prevalencia da diabete está a acadar unhas proporcións endémicas, o que amosa que estea previsto que se convirta xa na sétima causa de causa de mortalidade no 2030.

Na charla en As Pontes falarase de como controlar a diabete na vida diaria máis aló das visitas regulares ó médico, e os controis que se realicen periodicamente.

Falarase de informacións , recomendacións, dietas, plans de exercizo, medicación, riscos e mesmo da identificación de identificar pequenos hábitos que axudarán a levar unha vida plena e saudable.

Os asistentes poderán realizar tamén as preguntas que queiran ó remate da intervención da endocrina.

A cita será o mércores 13 ás oito do serán e no Auditorio Municipal Alovi ás oito e media e con entrada gratis ata completar aforo.