As Pontes, 9 de novembro| Dentro das actividades para Conmemorar o Día internacional en contra da Violencia de Xénero, o Concello das Pontes organiza xunto coa Deputación da Coruña, dentro do programa Quen dixo medo? unha Charla de Educación Afectivo-Sexual para as ANPAS, pais e nais e titores legais e adolescentes.

Esta actividade ten coma obxectivo desenvolver accións de sensibilización para a prevención da violencia de xénero e coñecer as dimensións desta problemática social contribuindo a súa erradicación, así como desmontar estereotipos en torno á violencia e apostar pola responsabilidade social.

A charla terá lugar o sábado 11 de novembro de 11:00 a 13:00 horas, no Salón de Actos da Casa Dopeso.