As Pontes, 30 de outubro de 2019. O grupo de traballo local pola defensa dunha transición xusta e a defensa do emprego das Pontes e comarca convoca, mañá, martes, 1 de outubro, unha caravana de vehículos á Coruña. A caravana partirá as 16.00 horas da estación de autobuses, con chegada a Matogrande para despois voltar a As Pontes. Desde o grupo de traballo convidan a toda a veciñanza a unirse a esta caravana, cos seus propios vehículos, na que participarán máis dun centenar de camións. Asemade convida aos veciños e veciñas da vila, que non poidan participar nesta caravana, a acudir ata a estación de autobuses para acompañar á caranava na súa saída.